Skip to main content

Notas

  • As asociacións inglesa e irlandesa de Amigos do Camiño abren na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela un "welcome service" para os peregrinos de fala inglesa. No que vai do mes de maio máis de 9.000 peregrinos recolleron a "Compostela’" e, no que vai de ano entregáronse case 30.000.
  • O sábado día 26 de maio, 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta. Un total de 31 restaurantes ofrecen 62 menús enogastronómicos.
  • É a primeira acción do Plan de Turismo Enogastronómico da Xunta de Galicia. Ademais, de degustacións e visitas, as xornadas inclúen actividades complementarias. 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta.
  • Os establecementos hoteleiros rexistraron unha suba do 0,4% respecto ao ano pasado e os extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e turismo rural) do 15,8%. Todas as modalidades da oferta extrahoteleira rexistraron variacións interanuais positivas.
  • O emblemático Hotel Ritz de Madrid, que pertence á cadea Orient Express, escolle ao Centro Superior de Hostelería de Galicia para formar ao seu persoal responsable de servizos de restauración, co fin de manter os seus estándares de calidade entre a súa clientela.
  • Galicia rexistrou no primeiro trimestre do ano un total de 474.487 viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, un 0,4% máis respecto do mesmo período do ano pasado. Destaca o comportamento positivo dos hoteis, cun incremento da demanda do 3,8% e do 2,5% nas pernoitas.
  • Asínanse acordos coas asociacións de aloxamento de turismo rural, axencias de viaxes, hoteis e apartamentos turísticos, servizos de restauración, instalacións náutico deportivas e campos de golf para incentivar a implantación, renovación ou certificación da Marca Q de Calidade Turística.
  • Trátase dunha mostra fotográfica que ofrece o Camiño Francés e a cidade de Santiago de Compostela da artista alemá Silvia Steinbach que ofrece unha visión moi persoal en branco e negro. Pódese ver ata o 10 de abril na Casa da Cultura do Cebreiro, na Praza do Mercado.
  • "Camiño de Santiago. Tomohiro Muda, unha visión desde Oriente" chega na cidade alemá de Hamburgo onde se exhibe ata o 30 de abril nunha igrexa luterana do século XIV desde onde inician a súa peregrinación gran número de camiñantes a Santiago de Compostela. De aquí trasládase a Ratisbona.
  • El Obispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, estuvo acompañado en este acto de presentación de la delegada territorial de la Xunta en Lugo, Marta Barreiro, la diputada provincial, Regina Polín; el concejal, Francisco Fraga; el coordinador de la Junta de Cofradías de la ciudad, Ramón Basanta y el vicecoordinador de la Junta de Cofradías, Ángel Díaz. Todos ellos han coincidido en señalar la importancia y la tradición de la Semana Santa lucense. Manifestaron, asimismo, su agradecimiento a cuantos, año tras año, colaboran activamente en la preparación de todos estos actos.