TURISMO EN GALICIA
 
DATE DE ALTA
CIUDADES
TURISMO GENERAL
restaurantes 
oficinas de info. 
playas 
agen. viajes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
paradores 
albergues 
balnearios 
campings 
CAM. DE SANTIAGO
camino de santiago 
restaurantes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
albergues 
FERIAS / FIESTAS
ESTADO CARRETERAS



 
  [VOLVER
La Mesa del Congreso aprueba por unanimidad incorporar el logo del Xacobeo 2010 en la papelería. La creación musical gallega, en Xacobeo Classics   
Xacobeo Classics abre su capítulo dedicado a la creación musical gallega de la que se representarán un total de 26 estrenos de 16 autores. Se presentó este ciclo coincidiendo con la resolución de la Mesa de las Cortes que aprobó por unanimidad incorporar el logotipo del Xacobeo 2010 en sus documentos.

La Mesa del Congreso acordó por unanimidad incluir el logotipo Xacobeo 2010 Galicia en todos sus comunicados en soporte impreso que se emitan desde la Cámara baja o desde el Senado, tal y como solicitó el 22 de octubre el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, al presidente de este órgano, José Bono. Tras conocer la noticia, Alberto Núñez Feijóo remitió una carta a los responsables tanto del Congreso como del Senado, José Bono y Javier Rojo, respectivamente, en la que expresó su satisfacción por esta decisión y el "orgullo" con el que recibe la noticia de que estos estamentos "promoverán un Año Santo tan significativo para Galicia". En la carta, Núñez Feijóo invitó además a todos los miembros del Congreso a visitar Galicia para que, de esta forma, "se sumen al gran número" de turistas que se espera que se desplacen a Galicia durante el Xacobeo. Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia: O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participou na presentación da programación adicada especificamente á musica galega dentro do ciclo Xacobeo Classics. Segundo o conselleiro, coa posta en marcha dunha nova edición do Ciclo de Cámara da Asociación Galega de Compositores e Compositoras, no que se representarán un total de 41 obras, a programación musical do Xacobeo Classics trata de “respectar e aquilatar o noso importante pasado musical e apoiar e impulsar aos nosos creadores e músicos actuais”. A presentación deste ciclo de concertos, que inclúe 26 estreas e levará a música de 16 autores galegos por toda Galicia, contou asemade coa presenza do director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; o director artístico do Xacobeo Classics, César Wonenburger e os representantes da Asociación Galega de Compositores e Compositoras, Margarita Viso e Juan Pérez Berná. Para o conselleiro de Cultura e Turismo, trátase de “ofrecer unha parte selecta do noso patrimonio musical baseado nas creacións dos compositores históricos de Galicia así como as creacións máis recentes e anovadoras”. Na súa intervención, Roberto Varela gabou o excelente traballo da Asociación Galega de Compositores e Compositoras durante máis de vinte anos “decisivos para a consolidación e o enriquecemento en canto ás tendencias da nosa creación musical culta”. “Grazas en boa parte ao seu traballo, hoxe podemos dicir que a nosa creación musical culta goza de excelente saúde”, engadiu. Este capítulo da programación do ciclo Xacobeo Classics, dedicado especificamente á música galega, levará a Pontevedra, Ourense, Lugo e A Coruña obras de compositores da Comunidade Autónoma como Paulino Pereiro, Margarita Viso, Julio Montero, Juan Durán, Fernando Alonso, Gloria Rodríguez Gil, X. A. Vázquez Casas e Eligio Vila, entre outros. A través destes catro concertos ofrecerase un panorama do carteto e o quinteto de corda galego contemporáneo, do quinteto de vento na creación actual e do teclado galego contemporáneo. Para ofrecer estes concertos cóntase con intérpretes e formación locais, como o pianista Javier Vázquez Grela, o Grupo Instrumental Século XX, o Ensemble sXXI, a soprano Alba López e a mezzo María José Ladra. Os concertos desenrolaranse nos auditorios dos conservatorios das cidades citadas anteriormente a partir das 20 horas e a entrada será de balde. O compromiso do Xacobeo Classics coa creación galega terá continuidade ao longo de todo o 2010 a través da súa programación. Este mesmo mes arrincarán outros dous ciclos, “Os oitenta de Groba”, unha homenaxe ao decano dos compositores galegos a través de oito concertos que se celebrarán noutras tantas cidades e vilas galegas, e “A cantiga lírica galega”, que levará por toda Galicia a música vocal dos nosos principais compositores. O Xacobeo Classics acollerá a estrea en tempos modernos de “O Mariscal”, a ópera de Eduardo Rodríguez-Losada e Ramón Cabanillas que se ofrecerá en versión de concerto, coa Sinfónica de Galicia e os cantantes galegos Teresa Novoa e Javier Franco, na Coruña e Vigo cara ao final de ano. En decembro o Xacobeo Classics acollerá a estrea mundial do “Concerto para violín” de Octavio Vázquez, o compositor ourensán que reside en Nova York, a cargo da Real Filharmonía de Galicia. E ao longo do ano gravarase un disco de cancións galegas de autores como Chané, Gaos, Baldomir, Montes…, no que participarán a Orquestra Gaos e a coñecida soprano internacional Cristina Gallardo-Domâs. No apartado musical do Xacobeo estarán representados a través de distintas colaboracións as principais instituciones musicais galegas, como a súas orquestras (Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara Galega, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Gaos), grupos instrumentais (Ensemble sXXI, Grupo Instrumental SXX, Agrupación Lírica Ofelia Nieto), cantantes (Teresa Novoa, Borja Quiza, María José Ladra, Javier Franco, Alba López…), sociedades filharmónicas (A Coruña, Lugo, Ourense…), festivais (Mozart, Lugo, Ciclo de Lied, Todo Lírica, Festival de Ópera de A Coruña) e creadores.

R.
2010-02-05

 
OTRAS NOTICIAS
La Xunta dice que la supresión de las ayudas a Vueling estaba prevista en el convenio y que la decisión de suprimir rutas es sólo de la empresa
La Xunta reivindica en Ginebra el Camino como espacio de diálogo y de intercambio cultural
El espectáculo Camiños en danza, del Centro Coreográfico Galego, entra en su recta final con cuatro actuaciones en septiembre
Xacobeo 2010: el dispositivo sanitario atendió a más de 3.600 peregrinos
Turismo: el Xacobeo 2010 y el buen tiempo provocan un incremento del 3,59% de ocupación hotelera y un 9,5% de pernoctaciones en Galicia en julio
Aldea Etnográfica en Muras
Cultura en los Jardines de la Diputación de Lugo
1.600 acciones de la Policía Autonómica en el Camino de Santiago
Feijoo salienta que Xuño consolídase como "o mellor da década" ao marcar un "récord de viaxeiros a Galicia" e ratifica o obxectivo de acadar os oito millóns de visitantes neste Xacobeo
El concello de Láncara celebra el 7 de agosto la Folk-liada celta
 

 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados