TURISMO EN GALICIA
 
DATE DE ALTA
CIUDADES
TURISMO GENERAL
restaurantes 
oficinas de info. 
playas 
agen. viajes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
paradores 
albergues 
balnearios 
campings 
CAM. DE SANTIAGO
camino de santiago 
restaurantes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
albergues 
FERIAS / FIESTAS
ESTADO CARRETERAS






 
  [VOLVER
Destilados 2.000 litros de augardente artesanal na XXXIX Festa da Augardente de Portomarín  
Desde hai trinta e oito anos, a vila lucense de Portomarín, fito do camiño francés a Compostela, celebra o Día da Augardente e Capítulo da Serenísima Orde da Alquitara ou da Aguardente de Portomarín. Nesta XXXIX edición, as alquitaras dos colleiteiros artesanais destilaron augardente desde primeiras horas da mañá calculándose nuns dous mil litros os destilados durante a xornada.

Pola tarde, reuniuse na casa da Cultura de Portomarín o cabildo xeral da Orde da Alquitara para recibir doce novos membros, oito cabaleiros e catro damas. Ingresaron na orde o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Fernández Liñares, a parlamentaria Raquel Arias; os alcaldes de Sarria e a Pobra do Brollón, Claudio Garrido e José Luis Maceda; o membro do parlamento galego Agustín Baamonde; o escultor Luciano Pazos; a investigadora da estación enolóxica de Leiro e autora dunha tese sobre a augardente, Sandra Cortés; o empresario sarriano Raúl López; o secretario do PP de Galicia, Alfonso Rueda; a xefa de explotacións agrarias, Marisol Barreiro, e Estrella Pardo Fernández.de Portomarín O Pregón da celebración foi pronunciado polo novo membro da Orde e presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Fernández Liñares. Os novos cabaleiros e damas participaron na tradicional cata da augardente nos soportais da casa consistorial coa posterior entrega de premios. Foron premiados os augardentes de Adegas Portomarín, Adegas Pireiro, Adegas Barco, Adega Mañana e Adega Moreiras. Puxeron o contrapunto musical á festa dsa augardente a Banda de Taboada e a agrupación folclórica Rio Miño de Portomarín, pechándose os actos cunha verbena e queimada tradicional.

R.
2009-04-13

 
OTRAS NOTICIAS
El espectáculo Camiños en danza, del Centro Coreográfico Galego, entra en su recta final con cuatro actuaciones en septiembre
Xacobeo 2010: el dispositivo sanitario atendió a más de 3.600 peregrinos
Turismo: el Xacobeo 2010 y el buen tiempo provocan un incremento del 3,59% de ocupación hotelera y un 9,5% de pernoctaciones en Galicia en julio
Aldea Etnográfica en Muras
Cultura en los Jardines de la Diputación de Lugo
1.600 acciones de la Policía Autonómica en el Camino de Santiago
Feijoo salienta que Xuño consolídase como "o mellor da década" ao marcar un "récord de viaxeiros a Galicia" e ratifica o obxectivo de acadar os oito millóns de visitantes neste Xacobeo
El concello de Láncara celebra el 7 de agosto la Folk-liada celta
La Catedral de Santiago ofrece desde el 2 de agosto visitas virtuales al Pórtico de la Gloria
El conselleiro de Cultura e Turismo defiende la gestión de los albergues y dice que dormir al aire libre es una aventura del Camino
 

 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados