TURISMO EN GALICIA
 
DATE DE ALTA
CIUDADES
TURISMO GENERAL
restaurantes 
oficinas de info. 
playas 
agen. viajes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
paradores 
albergues 
balnearios 
campings 
CAM. DE SANTIAGO
camino de santiago 
restaurantes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
albergues 
FERIAS / FIESTAS
ESTADO CARRETERAS



 
  [VOLVER
Turismo promociona Galicia no mes de febreiro en cinco feiras internacionais  
Turgalicia promocionará o campismo e o autocaravaning galegos no certame europeo máis importante deste sector, no marco da campaña de comercialización da oferta turística galega en feiras internacionais nas que Galicia participa de forma continuada.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, continúa a campaña de presentacións e comercialización da oferta turística galega nas diferentes feiras turísticas estatais e internacionais. Tras percorrer durante o mes de xaneiro as cidades de Utrecht, onde participou na feira xeral de Turismo Vakantiebeurs, viaxou á BTL de Lisboa, a feira turística de maior repercusión en Portugal, á CMT de Stuttgart, e ao salón dedicado ao termalismo Thermalies en Paris. Por último, en xaneiro acudiu a feira BOOT en Düsseldorf, un dos certames náuticos máis relevantes en Europa e en FITUR, celebrada en Madrid. En febreiro, o expositor de Turgalicia viaxará á feira xeral de Turismo Salon des Vacances de Bruxelas, do 4 ao 7 de febreiro. Turgalicia participa dentro do stand de Turespaña. A seguinte cita chegará do 18 ao 21, coa celebración do certame turístico máis importante de Italia: B.I.T. en Milán, no que tamén participa dentro do stand de Turespaña. Promoción en Alemaña Case nas mesmas datas, do 18 ao 22, Turgalicia viaxará a Munich á feira F.R.E.E, un certame xeral de Turismo dentro do stand de Turespaña. Do 24 ao 28, a presenza da oferta turística galega tamén está tamén asegurada na Reise Camping de Essen, a feira especializada en campismo máis improtante de Europa, á que Turgalicia asistirá cun stand de 48 metros cuadrados, de deseño. Por último, do 26 ao 28, Turgalicia participa na TCV, a feira de Turismo da Comunidade Valenciana. Neste certame acudirá cun stand de deseño de 60 metros cuadrados, no que estará presente o Xacobeo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Fotografía: arquivo GD.
2010-02-03

 
OTRAS NOTAS
Arranca o IV Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia
Pacientes cardíacos de toda España se unen por primera vez para recorrer el Camino de Santiago
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
Santiago de Compostela acoge este fin de semana la Peregrinación de las Familias
Termatalia 2010 incrementa su expansión por América Latina
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
Galicia en Descapotable
Turismo colabora con CEHOSGA para a mellora da actividade empresarial e turística
La Asociación Gallega de Catadores da a conocer los "Excelencia Ribeira Sacra" 2010
Presentado o Plan de Turismo de Golf de Galicia valorado nun millón de euros
 

 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados