TURISMO EN GALICIA
 
DATE DE ALTA
CIUDADES
TURISMO GENERAL
restaurantes 
oficinas de info. 
playas 
agen. viajes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
paradores 
albergues 
balnearios 
campings 
CAM. DE SANTIAGO
camino de santiago 
restaurantes 
hoteles y hostales 
casas turismo rural 
albergues 
FERIAS / FIESTAS
ESTADO CARRETERAS



 
  [VOLVER
Convocadas 56 bolsas de formación en municipios de Interese Turístico  
A Consellería de Cultura e Turismo convoca por primeira vez 56 bolsas de formación especializada para a realización de prácticas nos municipios declarados de Interese Turísitico de Galicia, no marco do Ano Santo no que se prevé un incremento de visitantes.

Xa están dispoñibles no Diario Oficial de Galicia as bases da convocatoria das 56 bolsas de formación especializada en relación coa promoción turística ofertadas pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo para as oficinas de turismo dos municipios de Interese Turístico e mais para a rede de oficinas da Xunta de Galicia. Esta é a primeira convocatoria na que as bolsas se destinan de xeito exclusivo aos municipios turísticos. Procédese polo tanto a convocar a orde de 30 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación práctica en oficinas de información turística durante o 2010. O contido da bolsa persegue fomentar o perfeccionamento profesional do bolseiro mediante a realización de prácticas formativas nas oficinas de información turística con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das prácticas. Poden optar a estas bolsas os técnicos superiores en información e comercialización turísticas, os técnicos superiores en axencias de viaxes, os técnicos especialistas de secretariado bilingüe, os diplomados ou licenciados en turismo e licenciados universitarios da rama de humanidades. Estas titulacións deben estar finalizadas nos 3 anos inmediatamente anteriores ao momento do remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria. Para a concesión das bolsas destinarase ata un máximo de 311.400 euros e a dotación económica de cada bolsa será de 900 euros brutos mensuais. A comisión, unha vez examinadas as solicitudes presentadas, elaborará unha lista cos aspirantes admitidos e excluídos, detallando neste caso a causa de exclusión, e convocará os primeiros á realización da proba tipo test sobre o temario que se inclúe en anexo nas bases da convocatoria. Pódese obter máis información sobre as bolsas no apartado de axudas da web da Secretaría Xeral para o Turismo: www.sxturismo.org e tamén no D.O.G. do martes 16 de xaneiro de 2010.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
2010-02-01

 
OTRAS NOTAS
Arranca o IV Outono Gastronómico nas casas de turismo rural de Galicia
Pacientes cardíacos de toda España se unen por primera vez para recorrer el Camino de Santiago
Turismo promove a reconstrucción virtual da Catedral de Santiago
Santiago de Compostela acoge este fin de semana la Peregrinación de las Familias
Termatalia 2010 incrementa su expansión por América Latina
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
Galicia en Descapotable
Turismo colabora con CEHOSGA para a mellora da actividade empresarial e turística
La Asociación Gallega de Catadores da a conocer los "Excelencia Ribeira Sacra" 2010
Presentado o Plan de Turismo de Golf de Galicia valorado nun millón de euros
 

 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados