Skip to main content

O Raid Rota Marítima Caminho de Santiago chega á capital galega o 25 de xullo

O Raid Rota Marítima Caminho de Santiago, organizado pola Asociación Intercéltica, que se propón a ligar por mar a Figueira da Foz a Vilagarcia de Arousa, con chegada prevista a Santiago de Compostela no día do Apóstolo – 25 de xullo, definiu un vasto programa que se estende ao longo de 8 días consecutivos. O percorrido por mar será complementado por un programa a acontecer non soamente a bordo dos veleiros, mas tamén en cada unha das localidades de paraxe, na sua elaboración as autarquias envoltas privilexiarán a temática do mundo da náutica.

A Ceremonia de Abertura do Raid acontece no Castelo de Montemor-o-Velho. Seguen-se unha Missa na Igrexa de Santa Maria da Alcáçova, unha conferencia de prensa e un almozo tamén no Castelo. A partida en dirección à Figueira da Foz está prevista para as 16h00 e a chegada à Marina local, ao cabo dun percurso de 20 kilómetros, deberá acontecer trinta minutos máis tarde. Este primeiro día do percurso dun total de 334 quilómetros, e que inclúe tamén unha visita ao Núcleo Museolóxico do Mar, encerra cun xantar no Clube Náutico da Figueira da Foz.

A organización garante a participaión de dous veleiros, o Nauja e o Zorba, que ao longo deste Raid marítimo serán acompañados por un navío da Marinha Portuguesa e por un navío da Armada Española, ben como por varios barcos particulares. Nas largadas previstas no programa, e que están axendadas sempre para as 10h00, os respectivos clubes náuticos van integrar a peregrinación.

Ao longo desta rota, que tamén significa un teste à unión náutica dos intervenientes, representantes da Surfrider Foundation Europe (SFE) van realizar xunto dos tripulantes diversas accións de sensibilización ambiental. A SEF é unha ONG sen fins lucrativos e está voltada para a protección e para o desenvolvemento do Oceano, das ondas e do litoral. Un dos seus principais obxectivos é contribuír para unha maior conscienciación dos xóves a través da educación e sensibilización ambiental.

A largada deste Raid está axendada para a próxima quinta-feira e preve percorrer 30 millas marítimas entre a Figueira da Foz e Ílhavo/Aveiro. Ainda antes do xantar a acontecer en Aveiro, terá lugar unha visita ao Museo Marítimo.

Na sexta-feira serán percorridas máis 30 millas, desta vez entre Ílhavo e Matosinhos. A chegada à Marina de Leixões está prevista para as 17h00 e o xantar será integrado na “Festa do Mar”.

No sábado, entre Matosinhos e a Marina da Póvoa de Varzim, serán percorridas 12,5 millas marítimas. O xantar terá lugar no Posto Náutico (Clube Naval Povoense).

No domingo, o percurso liga as 17,5 millas entre a Póvoa de Varzim e Viana do Castelo. Na Princesa do Lima será feita uhaa visita ao centro histórico da cidade e ao navío-museo Gil Eannes. O xantar terá lugar no Complexo da Marina.

Na segunda-feira, a rota segue rumbo ao Porto Deportivo de Baiona (Ronáutica). Son 25 as millas marítimas que separan o anterior porto do desembarque na Galicia. A tripulación será recibida polo Alcalde e outras autoridades locais. Está prevista unha visita guiada à Caravela Pinta, à fortaleza Monterreal e ao casco histórico. O xantar será servido no Restaurante El Túnel.

Na tercia-feira percorrense as últimas 27,5 millas do Raid marítimo, entre Baiona e a Marina de Vilagarcia de Arousa, onde, polas 21h00, terá lugar o xantar.

A chegada a Santiago de Compostela, ao cabo dun último percurso de 50 kms, está axendada para as 11h00 de quarta-feira, 25 de Jullo – Día do Apóstolo. O Delegado das Peregrinación da Oficina do Peregrino, D. Jenaro Cebrián Franco, dará as boas vindas aos participantes no Raid “Rota Marítima Caminho de Santiago” e presidirá à celebración de unha Eucaristia polas 16h00 na Catedral. Altura en que termina o programa deste ano zero do Raid.

A Organización do Raid “Rota Marítima do Caminho de Santiago”, agradece todo o apoio prestado polo Xacobeo e Xunta de Galicia, polas Cámaras Municipais de Montemor-o-Velho, Figueira da Foz, Ílhavo, Aveiro, Matosinhos, Póvoa de Varzim e Viana do Castelo, polos Ayuntamientos de Baiona e Vilagarcia de Arousa, pola Grande Área Metropolitana do Porto, Valimar ComUrb e Diputación de Pontevedra, polo Instituto de Turismo de Portugal, pola Marinha Portuguesa e Armada de España, pola Federação Portuguesa de Vela, polas Regiões de Turismo do Centro, Rota da Luz e Alto Minho, SportZone e pola Graham´s.
Katia Romeu (Gabinete de Prensa Asociación Galega de Actividades Náuticas-Agan)