|
|
|
|
|
|
|
 |
San Francisco, fundado polo poverello de Asís a comezos do século XIII. |
 |
E A Ferradura, fermosísimo paseo para outea-lo Santiago monumental que nos agarda. |
|
|
 |
A Porta Faxeira era a principal entrada á cidade. A Porta do Camiño, a Francíxena, entrada de peregrinos... entramos
na vella Compostela pola única das súas sete portas que resistiu o paso do tempo: Mazarelos Conta o Códice Calixtino que por esta porta entraba o fermoso Baco, o viño do Ribeiro e do Ulla, á cidade.
|
 |
|
|
|
|
A Universidade de Santiago data de comezos do século XVI... o carácter de cidade universitaria proporciónano os vetustos edificios
que en tempos a albergaron e aínda hoxe están ocupados por dependencias universitarias e os milleiros
de mozos que, hoxe coma onte, dan a Santiago un carácter diferente polo contraste entre a súa xuventude
e a severidade pétrea do entorno.
|
|
|
| O viaxeiro pode ter xa cabal idea da cidade que o agarda. Desde o pequeno ó gran comercio a súa rede hoteleira...
desde o seu papel administrativo e político como capital dunha comunidade de dous millóns de persoas ata
unha sin igual oferta gastronómica... desde, en fin, o cambiente cosmopolita da cidade nova ata o carácter
inmutable da cidade milenaria. |
|
|
|
|
| A Rúa Nova chamábase así xa no século XII... Rúa Nova e Vilar son as súas rúas máis características de Santiago... ámbalas dúas xúntanse na Praza do Toural polo Pazo dos Marqueses de Bendaña, que na parte superior ten unha estatua de Atlas, sostendo o mundo. |
|
|
 |
Velaquí a gran Praza de Santiago: a Praza do Obradoiro. Toda a vida de Santiago, de Galicia, xira ó redor desta praza. Máis aínda: Europa vencéllase a Galicia
polo Camiño de Santiago que remata aquí, nesta pedra central da gran praza santiaguesa.
|
 |
|
|
 |
|
|
|
 |
|
1/5
|
|
3/5
|
|
|
|
|