|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
Augas arriba, está o Mosteiro de San Salvador de Lérez, fundado no século IX. Con el empezou a historia
de Pontevedra. Nada queda da primeira fábrica románica. A actual igrexa é neoclásica, como o é o seu retablo
maior. Aquí está a capela de San Benito, o famoso cantar:
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
Si vas a san Benitiño
non vaias ó de paredes,
que hai outro máis milagreiro,
San Benitiño de Lérez. |
|
|
|
Aquí estudiaron e ensinaron o Pai Feijoó e o Pai Sarmiento, os dous grandes do século XVIII en Galicia.
Unha lápida recórdaos na fachada da antiga casa benedictina.
|
|
Na desembocadura do Lérez asentábase o barrio da Moureira, co seu peirao das Corbaceiras, onde se cre que foi construída a Santa María ( A Galega), para a expedición
do descubrimento de América. Hoxe son só un recordo as súas casas de planta baixa, con fachada en forma
de mitra, orixinada pola inclinación dos seus tellados. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
As ordenanzas da vila, de mediados do século XVI, impedían a residencia na Moureira a quen non foran traballadores
do mar. |
|
Dixo o Licenciado Molina na súa descrición do Reino de Galicia
que Pontevedra cargaba
Navíos que pasan de ciento
de tantos pescados y mantenimiento
que hincha a otros Reinos y a la AndalucÍa. |
|
O máximo esplendor de Pontevedra coincidiu coa súa maior relación co mar, nos séculos XIV, XV e XVI, aínda
que a súa importancia comercial mantívose ata mediados so XVIII. Pero as guerras, pestes, emigracións,
cambios no comercio e -sobre todo- os aluvións que cegaron o seu porto convertendo en fluvial o que antes
era plenamente marítimo, fixeron decae-la súa importancia comercial e de transporte.
Ó final da ponte, comezaba antano a cidade amurallada. Tivo Pontevedra Muralla, comezada a construír no
século XIII e que perdurou ata mediados do XIX. Medía 2.170 metros e aínda podemos seguir paso a paso
o seu trazado, que no seu último tramo discorría polas actuais rúas de
-Arcebispo Malvar (onde quedan algúns dos seus restos xunto á igrexa de Santa María),
-Michelena,
-Cobian Roginac,
-Amoedo e
-Avenida de Bos Aires. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
Desgraciadamente, en la actualidad, la muralla es sólo un recuerdo. |
|
Situámonos de novo ó final da Ponte do Burgo para comeza-lo percorrido pola cidade. A pesar de atoparnos ás portas da cidade antiga, estamos inmersos na trasfega da vida moderna. Hoxe coma onte, a vida entra en Pontevedra pola Ponte
do Burgo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
O noso primeiro destino é Santa María a Maior, fundada polo poderosísimo Gremio de Mareantes do Corpo Santo, precisamente no lugar que antano ocupou
a igrexa románica de Santa María a Antiga, e dominando o barrio mariñeiro e a baía de Pontevedra. Foi
erixida na primeira metade do século XVI. |
|
 |
|
|
|
|
Desde a súa fachada, obra de Cornelis de Holanda e Juan Noble, dixo Cunqueiro que "Patináraa o vento do mar ou a mirada dos
que chegaron, en naves, desde fastados portos, coa morriña da vila natal ".
|
|
 |
|
Combinando oxival e plateresco, é o primeiro monumento de Pontevedra e un dos máis fermosos do gótico isabelino de Galicia. Foi elevada ó rango de basílica con capelas laterais que lle dan forma de cruz. |
|
Subímo-la ampla escalinata -reformada a mediados do século XIX. A fachada principal, coma un gran retablo de tres corpos (os laterais saíntes e entrante o central), entre contrafortes, presenta entre outros varios motivos
Un Tránsito da Virxe, sobre o arco da portada. E, sobre o rosetón, a Coroación de María. No alto, un calvario. E sobre os contrafortes, San Miguel e Teucro, mítico fundador da cidade. |
|
 |
Na porta lateral da dereita, medallóns do Emperador Carlos I e a súa dona. Ó lado, o Cristo da Boa Viaxe, do que se despedían os mariñeiros pontevedreses antes de embarcarse. A súa ábsida poligonal é a parte
máis antiga.
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
No interior, tres naves separadas por feixes de columnas. Merecen especial mención os seus retablos barrocos e as capelas da Concepción (co sepulcro do rexedor
Diego de Arango), de San Miguel (co sepulcro dos Mariños de Lobeira) e a do Corpo Santo, que leva o nome
do gremio de Mareantes que fundou esta Igrexa.
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
1/5
|
|
3/5
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|