|
|
|
|
|
|
Pontevedra
|
|
Pontevedra, boa Vila.
|
|
 |
Na casa consistorial pontevedresa figura a inscrición:
Fundote Teucro valiente
de aquesta ría a la orilla
para que en España fueras
de villas, la maravilla.
|
 |
|
|
Cunqueiro falou dun inglés viaxeiro, de comezos do século XIX, chamado Milford, que - referíndose a Pontevedra
- mencionou unha "Amena cidade situada nunha lomba".
"Cidade museo", chamouna Castroviejo, afirmando non saber cando entraba no Museo e cando saía da Cidade.
Pero nós preferimos inicia-lo noso percorrido recordando as palabras daquel duque francés que, na nosa
Guerra da Independencia, derrotado, incendiou un barrio pontevedrés exclamando: "¡A túa belezadesármame!".
|
|
|
|
Dirixímonos á cidade da beleza que desarma, a Boa Vila do cantar, que se na Idade Media foi a capital
do comercio do Noroeste hispano, hoxe é un dos máis entrañables conxuntos urbanos deste País. |
|
 |
 |
En tempos, a vía marítima sería o mellor acceso para chegar a Pontevedra e aquí acaban infinidade de rutas
mariñas. |
|
|
|
Pero hoxe existe unha maior variedade... desde a moderna autoestrada ou as estradas que a vencellan ó resto de Galicia, ó ferrocarril chegado a Pontevedra a finais do século
XIX, que orixinou un substancial cambio na xeografía urbana desta cidade e tres novas pontes sobre o río. |
|
 |
O Río Lérez. As súas augas percorreron máis de medio cento de km. Desde as terras de Forcarei ata chegar a este lugar.
Aquí únense Alba e Tomeza... e fórmase a Ría de Pontevedra, a máis acolledora de Galicia.
|
 |
|
|
Protexida polos montes Acibal, Castrove e Da Fracha, foi Pontevedra desde os seus albores un cruce de
camiños. |
|
|
Os seus primeiros habitantes fórono de Palafitas, instaladas á beira do Lérez. Logo, dun poboado protexido
polo próximo castro que era á vez o seu santuario. E, por fin, dun porto que foi corazón da cidade durante moitos séculos, dedicado ó estaño primeiro, logo á pesca e, por fin,
ó comercio. E aquí chegaron os árabes ou os normandos, ingleses e franceses, berberiscos e turcos, en
busca de riqueza, o sangue e o lume.
|
 |
|
|
 |
Para a nosa entrada en Pontevedra, elixÍmo-la vía que procede de Santiago e das tres entradas posibles,
a da vetusta ponte do Burgo, deixando á esquerda a moderna zona de recreo e servicios e á dereita, algo
máis lonxe, a urbanización de A Caeira que, se administrativamente pertence ó municipio de Poio, ten directísima vinculación coa cidade de Pontevedra. |
|
|
 |
A razón de elixir esta vía ven dada pola historia... No século XII menciónase a Pontevedra como Ponte Veteris, ou Burgo de Ponte Veteris, a Ponte Vella. Xunto á ponte naceu o primeiro núcleo habitado, inicialmente destinado á atención ós viaxeiros. |
 |
|
|
A ponte tiña catro arcos entre dúas torres. O seu recordo é o motivo central do escudo da cidade.
No itinerario romano Per Loca Maritima, de Antonio Pío, Pontevedra foi a III Mansión... Chamóuselle Ad
Duos Pontes... Existe a dúbida de se a primeira destas pontes era a Ponte Sampaio ou a Ponte do Couto
sobre o río Tomeza. Pero o que si é seguro é que a outra era a actual Ponte do Burgo, a Ponte Vella, Ponte
Veteris, a primeira entrada natural de Pontevedra. A actual ponte, medieval, alterada por sucesivas modificacións,
é sen dúbida sucesora da que en 1165 foi escenario da firma do tratado de Paz entre os reis Alfonso de
Portugal e Fernando de León. E quizais a mesma que a finais do século XIV era "muy buen lugar para los
que quisiesen hacer armas por amor de sus amigas, ca todas las dueñas e doncellas de Pontevedra eran a
mirar por el adarve de la villa. |
|
|
|
|
 |
|
2/5
|
|
|
|