|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ata fai poucos anos, a catedral careceu de acceso pola súa porta principal.
Orientada cara ó oeste, está enmarcada polas torres de San Martín (do século XVI), inconclusa, e a das Campás. Esta, de 40 metros de alto e catro corpos graduados - os dous inferiores, máis antigos- viuse reforzada a súa parte inferior a finais do século XIX para
soluciona-las gretas que na estructura causara o gran terremoto de Lisboa de 1755.
Da fachada anterior ás obras do século XVI, consérvanse o gran rosetón e os dous máis pequenos, así coma parte exterior da portada románica de transición. Por esta portada, de tres arcadas, penetramos no interior da Basílica ourensá.
Aquí celebraban antano os ourensáns as súas reunións comunais, ante o Pórtico do Paraíso, inspirado no Pórtico da Gloria da catedral de Compostela, e ó redor de medio século posterior. |
|
|
 |
Sufriu gravísimas mutilacións no século XVI: Foron substituídas as bóvedas, invadido lateralmente polas
torres que eliminaron as columnas laterais, cambióuselle o tímpano, elimináronselle as bases por crer
que as figuras dos deus monstros eran "infernais"... Pero as súas pilastras centrais compensan de toda
modificación, adición ou carencia, e o Pórtico do Paraíso é a mellor xoia da arte medieval das terras
do ouro... E se non existise o Pórtico da Gloria sería, quizais, a máis fermosa xoia das terras do fin
do mundo. |
|
|
 |
Ó seu lado esta Nosa Señora do Paraíso, a Virxe co Neno, nun altar do lado sur, do século XVI.
A Catedral mide 84 metros desde a súa porta principal ata o fondo da Capela central da ábsida... E 43
metros dunha a outra porta do cruceiro.
Comezámo-la súa visita pola nave do Evanxeo.
Esta é a capela de San Lucas, fundada en 1603, cerrada con reixa... Séguea o sepulcro de don Alonso González
del Padrón. |
|
|
Capela das Neves, de finais do século XVI (na que se encontra o sepulcro da Infantina, quizais unha infanta de Castela),
capela de San Juan, que se cre situada no lugar do baptisterio suevo, e que ten debaixo do seu entarimado
un profundo foxo.
Existente xa en 1227, foi derrubada pola artillería do Conde de Benavente en 1467. Reconstruída polo mesmo
arrepentido conde, na actualidade é un lugar anexo ó Museo catedralicio. |
 |
|
|
|
 |
No brazo norte do cruceiro, destaca o sepulcro gótico do bispo don Vasco Pérez Mariño, falecido en 1342, que trouxo a Ourense a imaxe do Cristo Crucificado que aquí se venera. |
|
|
A Capela do Santo Cristo, oxival, é da segunda metade do século XVI, restaurada un século despois. O famoso Cristo gótico ourensán
dise que foi traído no século XIV polo bispo Vasco Pérez Mariño, desde Fisterra, onde
aparecera flotando no mar.
Pelo e barba naturais, parecen brotar dunha pel humana e a lenda quere que crezan dada a naturalidade conseguida polo descoñecido
artista que o construíu. Antano era costume colocar gaiolas con paxaros nesta capela para que cantasen
durante a novena do Santo Cristo. |
 |
|
|
 |
Consérvase nesta capela parte da sillería do antigo Coro da Catedral.
O resto, está distribuído polas diversas dependencias do templo. A comezos do século XVII, construíronse
cinco capelas radiais que substituíron ó primitivo cierre románico de tres ábsidas, San Pablo, Santa Isabel,
Concepción, Resurrección e Asunción, dan ó deambulatorio que rodea a Capela Maior. |
|
|
Nunha capela inmediata á da Asunción, atópase o Cristo dos Desamparados, de tamaño natural, románico,
de fins do século XII, tallado en madeira, que se supón era o venerado antes do século XIV, cando o bispo
Valerio Mariño trouxo o Cristo oxival de Fisterra.
E para finaliza-lo percorrido polo deambulatorio, a sacristía, dependencias de mediados do século XVI,
onde antes estivo a capela románica de San Andrés. No brazo sur do cruceiro, atópase a imaxe ecuestre de San Martín, século XVII, en tamaño natural. |
 |
|
|
Na nave da epístola, varios sepulcros, entre os que destaca o do bispo don Lorenzo, faleceu a mediados
do século XII, e de tan destacada presencia no Ourense medieval.
Fixamos agora a nosa atención na Capela Maior, con retablo oxival de comenzo do século XVI e diversos grupos escultóricos de Cornelis de Holanda, así como frontal de prata
de comenzos do século XVIII. Púlpitos e rexas, renacemento de Juan Bautista Celma, o autor do botafumeiro
da catedral de Santiago, a central, do século XVI, e as dos lados de Amaro Pérez, do século XVII. |
|
 |
 |
É de destacar, no muro de Evanxeo, o sepulcro do Bispo Quevedo e Quintana.
E o Sepulcro do Bispo Descoñecido, no muro da Epístola, que está considerada a mellor obra funeraria da Idade Media. |
|
Punto final ó percorrido pola catedral ourensá, coa visita Ó Museo Catedralicio. |
|
|
Desde a nave da epístola, por unha porta románica accédese ó que en principio se pensou que fose claustro
da Catedral. Coñécese esta edificación co nome de " Claustra Nova ".
De estilo gótico, con bóveda de crucería, alberga valiosísimos obxectos de arte relixioso entre os que destacan: O Incunable de Monterrey, primeiro libro impreso en Galicia en 1494. |
|
 |
A Cruz Procesional de Enrique de Arfe...
Esmaltes Románicos de Limoges , do século XIII...
O Chamado Tesouro de San Rosendo ...
A Lápida cristiá máis antiga de Galicia, de baños de Bande...
Pola porta principal saímos á Rúa das Tendas... |
|
|
 |
|
|
|
|
 |
|
3/5
|
|
5/5
|
|
|
|
|
|