|
|
|
|
|
|
|
|
|
| O antigo Palacio Episcopal, hoxe Museo Arqueolóxico Provincial, foi construído polo bispo don Diego Velasco no século XII, e modificado por don Lorenzo XIII. Crese
que antes puido estar situado aquí o Pazo dos reis Suevos de Ourense. As súas ventás da fachada norte
e as arcadas do patio interior son os elementos máis destacados deste histórico edificio. |
 |
|
|
 |
 |
 |
Como Museo alberga unha amplísima mostra de achados relativos á historia ourensá, desde as mámoas da idade
de Bronce ou a cultura castrexa ata a arte dos séculos XVIII e XIX. |
|
|
Destacan os restos dos castros de Lás, Arméa, Troña,... aras, lápidas e miliarios romanos, especialmente as Lápidas das Burgas... capiteis visigóticos e románicos, cadros procedentes da desamortización... Alberga, así mesmo, o arquivo histórico provincial. |
|
 |
A inmediata Praza da Magdalena, foi mercado, atrio e cemiterio. No seu centro, cruceiro de 1718, procedente das inmediacións da ponte
romana.
Neste lugar tranquilo, recóndito, afastado da moderna vida da cidade. |
|
|
No século VI, ocorreu que Carriarico, monarca con corte en Ourense, ó ser curado o seu fillo de lepra por intervención de San Martín de Tours, converteuse ó cristianismo con toda a súa corte, levantou
unha catedral baixo a advocación de San Martín e Santa María.
Destruída en diversas ocasións, en tanto non era construída coa dignidade requirida, erixiuse en 1084
Santa María "A Nai", como catedral temporal.
Consagrada no 1194, non foi abovedada ata comezos do século XIII. No XV, foi fortaleza, resistindo asedios
en difíciles momentos da historia ourensá. |
|
|
 |
Á súa porta sur chegaba o camiño de Castela... Da súa porta norte saía o camiño ó paso de barca no río Miño para cruzar cara ó resto de Galicia. |
 |
|
|
 |
Chegamos a ela a través da Praza do Trigo, con nobres casas con soportais e patios interiores, xenuinamente
ourensáns. Tivo en tempos a súa zona das Praterías, con talleres de ourives na parte alta. Aquí estivo
o Patio das Laranxeiras da Catedral, o u Prazas das Damas. Desde este punto contemplamos exteriormente o primeiro templo ourensán antes de penetrar no seu interior. |
|
|
Esta é a súa fachada sur, na que destaca a Torre do reloxo, de mediados do século XVI. A fachada foi en principio simétrica, con
dúas torres militares, pero a do reloxo fixo perder este carácter invadindo a Portada.
A porta, aínda que hoxe incompleta por iso, é - na súa parte máis alta - das máis interesante da catedral. |
 |
|
|
 |
Diversas construccións do século XVIII - Museo, arquivo, biblioteca, ocupan a fachada románica sur do brazo maior. Da fachada sur do cruceiro, dixo Manuel Murguía :
"E dun carácter tan acusado e enérxico que non coñecemos cousa que se lle pareza en Galicia polo fermoso
do conxunto e o franco e acentuado dos detalles". |
|
|
A cabeceira quedou recentemente libre de diversas edificacións pegadas. E así pode apreciarse toda a beleza
da gran obra románica: |
|
|
|
 |
a cabeceira, capela do Santo Cristo, a Capela Maior con rosetón, deambulatorio, e o gran ciborio gótico-renacentista que coroa a catedral ourensá. Ten planta octogonal, tres pisos de ventas, e foi construído a comezos do século XVI por Rodrigo de Badaxoz. |
 |
|
|
Fronte á cabeceira, Praza do Corrixidor onde está instalada a estatua de D. Ramón Otero Pedrayo. |
|
|
|
Pola súa parte norte, a catedral presenta un pequeno atrio enlousado cerrado por unha balaustrada e á que se accede por unha escaleira de pedra, todo iso a finais do século XVIII.
Aprécianse A Capela das Neves (do século XVI), e a capela de San Juan (do XV), reconstruída polo Conde
de Benavente, trala destrucción que ocasionou na súa loita contra o conde de Lemos.
Apréciase tamén, na fachada do brazo norte, o seu aspecto de fortaleza, con dúas torres circulares inconclusas. A súa estructura é similar á da fachada sur. |
 |
|
|
 |
|
|
|
 |
|
2/5
|
|
4/5
|
|
|
|
|