|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| De volta a Lugo, Ponte Romana, moi modificada no transcurso dos séculos. Dá nome ó lugar onde se atopa - Barrio da Ponte - e en tempos foi entrada principal á cidade e era preciso pagar peaxe para cruzala. |
 |
|
|
 |
Nas súas inmediacións está o Balneario de Lugo coas Termas Romanas. O Licenciado Molina, a mediados do século XVI, considéraos os máis Antigos Baños e Edificio dos que
hai en España.
|
 |
|
|
Hoxe, coma onte, (hai 2.000 anos) a auga é fonte de vida á beira do Río Miño, en Lugo. |
|
Accedemos a Lugo pola Calzada Romana, quizais profundamente modificada no medievo e que hoxe é pouco máis
ca un recordo. |
|
Chegamos ante a Muralla Romana, a única conservada case en todo o seu circuíto orixinal. Con 2.140 metros de lonxitude, e entre 10 e
15 de altura, rodea totalmente a cidade antiga e proporciónalle ese carácter de seguridade, de poderío,
que fixo dicir a Lamas Carvajal: |
|
 |
Ten unha Antiga, Forte, Muralla,
que esta agardando que unha batalla
os seus nemigos lle veñen dar...
|
 |
|
|
Percorrémo-la Muralla, simultaneando as impresións dos seus dous posibles itinerarios. Pola ronda exterior, admirando a súa maxestuosa presencia... e polo adarve - antigo paseo de ronda - para contemplar como en rasante voo de paxaro un Lugo descoñecido. |
|
A Muralla conserva 72 cubos dos 85 iniciais... 10 portas (cinco antigas e outras cinco dos séculos XIX
e XX), cinco escaleiras e unha rampla para subir ó adarve. |
|
|
|
 |
|
|
Partirmos da Porta de Santiago, antiga Porta do Postigo, fronte á Catedral. En tempos tivo postigo, ferrollos, ponte levadiza e fortín ata ben avanzado o século
XIX...
|
|
|
pola súa parte interior, a moderna rampla de finais do século XIX, que substituíu a outra máis antiga, escudo do Bispo Izquierdo, e imaxe de Santiago cabaleiro en Clavijo. Esta porta era a única que se abría na cidade en época de graves enfermidades.
|
|
 |
Sobre a muralla, bancos construídos a finais do século XVIII para que os lucenses puidesen tomar comodamente o sol. No adarve
pódense observar restos das escaleiras que conducían na antigüidade á parte superior da fortaleza. |
 |
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
 |
|
1/5
|
|
3/5
|
|
|
|
|
|
|
|