Lugo
Cidade Bimilenaria
Hai máis de 2.000 anos que César Augusto transformou en cidade un poboado que adoraba ó deus Lugh... satisfeito da súa obra deulle o seu propio nome de deus vivo dos romanos á cidade que nacía... e desde entón, así foi coñecida a capital das terras romanas da fin do mundo:

Lucus Augusti, LUGO.
O primeiro núcleo lucense xurdiu -quizais no medio dun bosque- nesta meseta que domina o entorno e domina o Val do Miño. Desde os catro puntos cardinais, Lugo aparece alá no alto...
vindo de Ribadeo, polo norte - nordeste... da Coruña, polo noroeste... de Santiago, polo sudoeste... de Madrid, polo sudeste... Foi Giménez Caballero quen afirmou: os que coñecemos Lugo cos ollos da alma, sabemos que é un dos vértices máis estremecedores e interrogables de España.

Imos ver Lugo con eses ollos da alma que a cidade require...
Mención especial merece o Parque dedicado a Rosalía de Castro, que ten na súa entrada a estatua fundida en Sargadelos, que antes presidiu a praza Maior.

A pérgola deste parque constitúe un especialísimo miradoiro sobre o Río Miño ó seu paso pola cidade.
No novo Lugo xurdiu esta cidade, moderna e vigorosa, pola ansia de saber dos lucenses. Invadida polos suevos e godos no século V... arrasada polos árabes no VIII e polos normandos no IX, Lugo conserva, sen embargo, importantísimas pegadas do romano, condicionadas polos avatares da historia, que recordan o seu pasado glorioso.

E para o comezo, aínda que lonxe da cidade dento do seu concello,
Santa Eulalia de Bóveda.
Ó lado da igrexa parroquial, e a un nivel inferior, atópase o monumento do que aínda hoxe se descoñecen con exactitude significado e orixe... permaneceu soterrado máis de mil anos. Foi posiblemente un baptisterio visigótico, pero antes... ¿Templo?... ¿Ninfea?... ¿Piscina dunha vila romana?... ¿Sepulcro de Prisciliano?... Santa Eulalia de Bóveda amósase ó curioso e aínda ó entendido con todo o misterio dun enigma irresoluble.
2/5