![]() |
|||
| De Francia, chegaban catro itinerarios. Tres deles confluían en Ostabat, no país vasco francés, e entraban
unidos por Roncesvalles, e o cuarto por Somport (Huesca). As tres vías que entraban por Roncesvalles eran:
|
|||
| O descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago en Compostela, constitúe un dos acontecementos máis importantes
da Idade Media en Occidente. E a cidade que xorde ó redor do Sepulcro convértese na terceira das cidades
santas da Cristiandade, despois de Xerusalén e Roma: a capital de Occidente. Imos segui-lo Camiño de Santiago para recoller visualmente as máis importantes pegadas da peregrinación. |
|||
| Facémolo no medio de milleiros de persoas que o percorren a diario... Eran xa medio millón ó ano as que
o percorrían no século XII. Todos somos romeiros, que camiño andamos, dixo Gonzalo de Berceo. Pero para ser verdadeiro peregrino, o camiño hai que facelo a cabalo ou a pé. A nosa viaxe na rede exímenos, por esta vez, de tal práctica. E acudimos ás fronteiras con Francia para comezar a percorre-lo primeiro dos Camiños de Santiago. Viñan peregrinos de Alemaña, Suíza... de toda Europa. |
|||